.
.
.
.(Postais finalistas do 11º Concurso de Postais de Nadal)
.
Esta tempada 17/18 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por undécimo ano consecutivo a 11ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores e xogadoras de minibásquet dos equipos federados e de todas as escolas deportivas.
.
A postal gañadora do concurso será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia felicitará as festas nesta tempada a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.
.
O concurso tivo, novamente, unha gran acollida e resposta por parte dos xogadores e xogadoras das categorías benxamín e alevín, realizando e debuxando preto de 100 postais de Nadal cunha gran calidade e orixinalidade.
.
Despois de seleccionar as catro postais finalistas, publicadas nesta mesma noticia, entre as preto de 100 postais que foron recibidas; o xurado, composto polos deportistas dos conxuntos Cadete Masculino "A" e Cadete Feminino "B" e a dirección do club, decidiu a postal gañadora do 11º Concurso de Postais de Nadal que será publicada o próximo domingo día 10 de decembro do 2017.
.
Xa se pode acceder ás preto de 100 postais recibidas para o 11º Concurso de Postais de Nadal organizado unha tempada máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia pulsando na imaxe desta noticia ou pulsando aquí.