(Marcos Davila, gañador do sorteo, en La Galletería Biscuits Galicia)
.
O gañador do sorteo dunha merenda para catro persoas en La Galletería de Biscuits Galicia (Rúa Doutor Cadaval nº4, preto da Porta do Sol), Marcos Davila, xogador do Júnior Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, xa gozou da súa torre de galletas e das catro bebidas que foron sorteadas.
Desde tódolos estamentos e áreas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos agradecer a Biscuits Galicia a súa colaboración con esta iniciativa que se levou a cabo a través das redes sociais da entidade.