O 11º CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO C.B. SEIS DO NADAL - COIA XA COÑECE A POSTAL GAÑADORA

.(Postal gañadora do 11º Concurso de Postais de Nadal)

.

Esta tempada 17/18 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por undécimo ano consecutivo a 11ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores de categoría minibásquet dos equipos federados e de escolas deportivas.

.

Despois de seleccionar as catro postais finalistas, publicadas nesta páxina web, entre as preto de 100 postais que foron recibidas; o xurado, formado por un grupo de deportistas dos equipos Cadete Masculino "A" e Cadete Feminino "B", xunto a membros da dirección do club, decidiu que a postal gañadora do 11º Concurso de Postais de Nadal sexa a presentada por Hugo Pérez, xogador do Benxamín Masculino "A" (2008).

.

A postal gañadora do concurso será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia felicitará as festas esta tempada 17/18 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.

.

Desde a Xunta Directiva da entidade, a Dirección Deportiva e desde tódolos estamentos do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia queremos darlle a noraboa e felicitar a Hugo Pérez, sen esquecernos de felicitar e amosar todo o noso agradecemento a tódolos participantes nesta undécima edición do concurso por todo o seu esforzo e pola orixinalidade de cada unha das postais presentadas.