GRAN RECOLLIDA DE ALIMENTOS DURANTE A PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB DA TEMPADA 2017/2018

.(Membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do club xunto a membros da Banco de Alimentos de Vigo)

.

Durante a Presentación Oficial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da presente tempada 2017/2018 que terá lugar o domingo día 17 de decembro do 2017 no pavillón de Navia a partir das 12:30 horas, se levará a cabo unha Recollida de Alimentos para o Banco de Alimentos de Vigo.

.

Na mañá do pasado mércores 13 de decembro, membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do club visitaron as instalacións do Banco de Alimentos de Vigo e reuníronse con Norma Costas e Ernesto Badía, unha das responsables e o vicepresidente do Banco de Alimentos, para concretar tódolos detalles da Recollida de Alimentos.