(O Preinfantil Masculino co trofeo de campión da 1ª División)
..
PREINFANTIL MASCULINO
TEMPADA 2016/2017
CAMPIÓN COPA FEDERACIÓN
..
O equipo Preinfantil Masculino, Autocares González Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Diego Montenegro e Carlos García, proclamouse equipo campión do Grupo A-2, Copa Federación, da Liga 1ª División Preinfantil Masculina da presente tempada 16/17.
O noso equipo rematou a competición na primeira posición do Grupo A-2, tamén chamado Copa Federación, cun balance de dez vitorias conseguidas nos dez partidos disputados neste grupo. Os equipos do Sigaltec (Vilagarcía Arousa) e Básquet Coruña ocuparon a segunda e terceira posición da táboa.
O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, xunto á Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, Concepción Martíns, foron os encargados de entregar o trofeo e as medallas que proclamaron ao equipo campión da Copa Federación da Primeira División Preinfantil Masculina.
.
.
(Entrega de trofeo e medallas aos integrantes do Preinfantil Masculino)





