(O Preinfantil Feminino co trofeo de subcampión da 1ª División)
..
PREINFANTIL FEMININO
TEMPADA 2016/2017
SUBCAMPIÓN 1ª DIVISIÓN
..
O equipo Preinfantil Feminino, Clínica Dental Romeo Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Jorge Martínez e Aalí Mohamed, proclamouse conxunto subcampión do Grupo A-1 da Liga 1ª División Preinfantil Feminina da presente tempada 2016/2017.
O noso conxunto rematou a competición na segunda posición do Grupo A-1 cun balance de once vitorias e tres derrotas nos catorce partidos disputados na segunda fase. A primeira das posicións foi conseguida polo CB Allariz e a terceira praza foi ocupada polo CB Culleredo.
O Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, xunto á Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, Concepción Martíns, foron os encargados de entregar o trofeo e as medallas que proclamaron ao equipo subcampión da Primeira División Preinfantil Feminina.
.
.
(Entrega de trofeo e medallas as xogadoras do equipo Preinfantil Feminino)





