(Noa Comesaña participará na Operación Talento U13 Fem)
..
Noa Comesaña, xogadora do conxunto Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, foi convocada coa Selección Española U13 Feminina para participar na Novena Edición do Memorial Pablo Barbadillo en Tres Cantos (Madrid) os próximos días 29 e 30 de abril e 1 de maio do 2016.
.
Noa Comesaña estará entre os 36 talentos da xeración do 2003 que terán a súa cita esta ponte de maio nunha nova Operación Talento da Federación Española de Baloncesto, despois de xogar o Campionato de España de Minibásquet o pasado ano, nunha das primeiras etapas de seguemento de talentos do Gabinete Técnico da Federación.
.
(Noa Comesaña convocada coa Seleccións Española U13 Feminina)


