lunes, 18 de abril de 2016

COMUNYGAL, NOVO COLABORADOR DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL NESTA TEMPADA 2015/2016

(O Infantil Feminino "A" na súa visita ás instalacións de Comunygal)

.

Comunygal Administradores de Fincas convertese para a presente tempada 2015/2016 en novo Colaborador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Comunygal nace en Vigo en marzo do 2008 co obxectivo de aportar a profesionalidade, experiencia e coñecementos dos seus socios fundadores á Xestión das Comunidades de Propietarios.

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos a confianza e todo o apoio depositado por parte de Comunygal no noso proxecto deportivo, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas as dúas partes para o presente curso 2015/16. Moitas grazas pola súa colaboración.

.

O equipo Infantil Feminino "A" do club que compite na Liga Primeira División Infantil Feminina 2015/16 e que levará o nome de Comunygal Seis do Nadal, visitou as instalacións e aos responsables de Comunygal, os cales desexáronlle moita sorte ás xogadoras neste final de tempada e déronlle moito ánimo para afrontar os últimos partidos da competición.