jueves, 17 de diciembre de 2015

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA REPRESENTADO NA XUNTANZA DE SELECCIÓNS ZONAIS DE MINIBÁSQUET

.(Representación do club na Xuntanza de Seleccións Minibásquet)

.

O pasado sábado día 5 de decembro do 2015 en Santiago de Compostela celebrouse unha nova edición da Xuntanza de Seleccións Zonais de Minibásquet, unha xornada clave establecida desde a Federación Galega de Baloncesto para comprobar as evolucións competitivas e técnicas de tódolos xogadores e xogadoras de categoría minibásquet que veñen participando nos distintos Centros de Tecnificación Zonais da tempada 2015/2016.

.

Con este obxecitvo, 16 equipos, dous por cada Delegación Zonal e con triple representación no caso de A Coruña e Vigo, estiveron presentes no Pavillón do Restollal enchendo de baloncesto e convivencia as tres pistas que foron habilitadas para tal ocasión. Un total de 160 xogadores e xogadoras seleccionados previamente polos responsables deportivas conformaron a base de traballo desta nova "xuntanza".

.

.(A Selección Zonal de Vigo de categoría alevín masculina)

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo ben reprensentado nesta nova Xuntanza de Seleccións Zonais de Minibásquet por Yimer Failde e Mateo Rodrítuez, xogadores do equipo Alevín Masculino "A" e adestrados por Silvia Caíño, convocados coa Selección Zonal de Vigo Mini Masculina; e Iria Lago, Luzía Lores, Ada Luna Rajoy e Sara Vega, catro xogadoras do grupo Alevín Feminino "A" e dirixidas por Jorge Martínez, e Greta Galbán, xogadora do Alevín Feminino "B" e adestrada por Sandra Solano, convocadas coas Seleccións Zonais de Vigo Mini Feminina Vermella e Branca.

.

.

.(As Seleccións Zonais de Vigo de categoría alevín feminina)

 

Ademais, Andrés Álvarez, adestrador da nosa entidade dos equipos Alevín Masculino "B" e Júnior Feminino, tamén foi escollido por parte da Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto para ser o adestrador axudante da Selección Zonal de Vigo Mini Masculina na Xuntanza de Seleccións Zonais de Minibásquet.