viernes, 27 de noviembre de 2015

O C.BC. SEIS DO NADAL PARTICIPOU NO "TAPIZ HUMANO" DE ENLAZA VIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

("Tapiz Humano" realizado este curso contra a Violencia de Xénero)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou unha tempada máis nas actividades da iniciativa Enlaza Vigo organizadas polo Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo para conmemorar o Día internacional contra a Violencia de Xénero.

 

Vigo conmemorou o mércores día 25 de novembro do 2015, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cun gran tapiz humano que se levou a cabo na Rúa Urzáiz, no tramo comprendido entre a Farola e a rúa República Argentina, coa participación dun gran número de alumnos e alumnas da ESO e FP de Vigo.

 

Neste tapiz humano tamén participou un grupo de técnicos da nosa entidade en representación de tódolos integrantes do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

 

(Grupo de adestradores/as do club que representou á nosa entidade)