miércoles, 25 de noviembre de 2015

INAUGURACIÓN DAS NOVAS INSTALACIÓNS DO CENTRO DE TERAPIA OCUPACIONAL OS BAMBÁNS

.

O Centro de Terapia Ocupacional Pediátrica Os Bambáns, centro que colabora co Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, inaugura as súas novas instalacións o próximo sábado día 28 de novembro do 2015 a partir das 12:30 horas en Travesía de Vigo 12 - 1º.

.

Aproveitando esta inauguración, ás 13:00 horas haberá unha charla titulada "Terapia Ocupacional e Integración Sensorial" impartida por María Pilar Blázquez, integrante da Asociación Española de Integración Sensorial.