sábado, 25 de julio de 2015

NOA COMESAÑA, XOGADORA DO CLUB, CONVOCADA COA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FORMACIÓN U13

(Noa Comesaña nun partido da pasada tempada 2014/2015)

.

A Área Deportiva da Federación Española de Baloncesto convocou a Noa Comesaña, xogadora do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, para a Selección de Formación U13 Feminina que se concentrará este verán do 31 de xullo ao 2 de agosto en Guadalajara.

.

Esta concentración é o primeiro paso das concentracións de formación da Federación Española de Baloncesto que vai desde os doce anos, cando se disputa o primeiro Campionato de España de Minibásquet, ata os dezaseis anos, cando se compite no primeiro campioanto europeo de carácter oficial.

.

Noa Comesaña, xogadora do club que foi adestrada nesta última campaña por Aalí Mohamed e Sandra Solano, será unha das 60 xogadoras da xeración do 2002 e 2003 que máis destacou durante a pasada tempada e que foi seleccionada pola Federación Española de Baloncesto.