miércoles, 17 de junio de 2015

JONATHAN BARREIRO, XOGADOR DO REAL MADRID, VISITARÁ O CAMPUS DE VERÁN DO SEIS DO NADAL

(Jonatahn Barreiro xogando un partido co Real Madrid de Baloncesto)

.

Jonathan Barreiro, xogador galego nado na vila de Cerceda (A Coruña) e actualmente xogador do equipo júnior do Real Madrid, visitará a tódolos nenos e nenas participantes no 14º Campus de Verán 2015 "Xornadas de Tecnificación" que organiza o club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nas instalacións do Colexio Seis do Nadal.

.

Jonathan Barreiro, iniciou a súa carreira como xogador nas categorías inferiores da Escola Básket Xiria (Carballo). Na tempada 2012/2013 entrou a formar parte da canteira do Real Madrid en categoría cadete xogado tamén numerosos minutos co equipo júnior chegando a disputar o Torneo Júnior Ciutat de L´Hospitalet. Na tempada 2013/2014 incorporouse ao equipo júnior no que combinou a súa participación co conxunto Real Madrid "B" de Liga EBA.

 

Nesta campaña 2013/2014, con soamente 17 anos, debutou co primeiro equipo do Real Madrid de Baloncesto na Euroliga ante o Partizan de Belgrado e na Liga Endesa ante o equipo galego Obradoiro CAB.

 

Os nenos e nenas inscritos no Campus de Verán 2015 terán a oportunidade de compartir unha mañá con Jonatahan Barreiro, un dos xogadores júnior con maior proxección da canteira do Real Madrid Baloncesto. Non dubides e inscríbete ao Campus de Verán "Xornadas de Tecnificación" do Seis do Nadal - Coia.

 

(Jonathan Barreiro lanza un tiro libre nun partido co Real Madrid)