.
Estimados pais e nais dos xogadores/as:
.
Unha tempada máis o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia vai a organizar unha cea-convivencia co galo de despedir oficialmente a tempada 2014/2015. Dita celebración terá lugar o próximo sábado día 27 de xuño do 2015 a partir das 22:15 horas no Hotel Coia.
.
O menú elixido para a cea-convivencia, coa que se pretende crear unha xornada de xuntanza de tódolos integrantes da entidade, é o seguinte:
.
MENÚ ADULTO
- Aperitivos Variados: empanada de zamburiñas, xamón con queixo, canapés artesáns, luras á romana, polbo á feira
- Entrecot á prancha con gornición de legumes e champiñóns ou rodaballo á prancha con patacas ao vapor
- Xeado de nata con chocolate quente
- Bebida, café e licores
MENÚ INFANTIL
- Aperitivos Variados: tacos de tortilla española, luras á romana, variedade de friames e xamón, croquetas
- Milanesa de polo con patacas fritas
- Xeados variados
- Bebida
.
Para apuntarse á cea-convivencia pódese pasar polas oficinas do Colexio Seis do Nadal (Coia) nas seguintes datas:
.
XOVES 28 DE MAIO: De 17:00 a 19:00 horas
MARTES 2 DE XUÑO: De 17:30 a 19:00 horas
XOVES 4, 11 E 18 DE XUÑO: De 18:00 a 21:00 horas
VENRES 19 DE XUÑO: De 17:30 a 20:00 horas
.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convídavos e anímavos a todos/as a participar nesta cea-convivencia coa que se pretende despedir a tempada 2014/2015 que xa está tocando o seu fin.
.
Xunta Directiva e Dirección Deportiva
do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia