domingo, 22 de febrero de 2015

O C.B. SEIS DO NADAL PARTICIPOU NO X TORNEO INTERNACIONAL SUB14 DE ENTROIDO DO GD GAFANHA

(Xogadores e xogadoras dos equipos infantís que participaron no torneo)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou un ano máis no Décimo Torneo Internacional "Cidade Gafanha de Nazaré" de Sub14 Masculino e Feminino que se celebrou os pasados días 14 e 15 de febreiro do 2015 no Pavillón de Gafanha de Nazaré (Portugal).

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, único club que participou en tódalas edicións do torneo, participou co equipo Infantil Masculino "A", dirixido por Sergio González e Óscar García, e co combinado Infantil Feminino "A", adestrado e dirixido por Breixo Solla e Sabela Solla.

.

Xunto aos nosos conxuntos infantís participaron en categoría masculina o GDG Basquetebol, Dragon Force (Porto), Colegio Leonés (León), SC Braga, Olivais Coimbra, BC Barcelos e Guifões SC (Matosinhos); e no torneo de categoría feminina os combinados do GDB Basquetebol, SC Braga, Guifões SC (Matosinhos), BC Barcelos, Colegio Leonés (León), Olivais Coimbra e CPN (Porto).

.

(O Infantil Feminino "A" na súa experiencia no Torneo Internacional)

.

A clasificación final en categoría feminina foi:

.

1º- OLIVAIS COIMBRA

2º- CPN

3º- SEIS DO NADAL - COIA

4º- COLEGIO LEONÉS

5º- GUIFÕES SC

6º- GDG BASQUETEBOL

7º- BC BARCELOS

8º- SC BRAGA

.

(Os integrantes do Infantil Masculino "A" durante o torneo en Gafanha)

.

A clasificación final do torneo de categoría masculina foi:

.

1º- DRAGON FORCE

2º- SEIS DO NADAL - COIA

3º- GRUPO DESPORTIVO GAFANHA

4º- COLEGIO LEONÉS

5º- GUIFÕES SC

6º- SC BRAGA

7º- OLIVAIS COIMBRA

8º- BC BARCELOS

..

Como en cada edición do torneo, ao longo das dúas xornadas levouse a cabo un concurso de tiros libres e un concurso de triples entre tódolos xogadores e xogadoras participantes. Nesta nova edición do torneo, dúas xogadoras infantís do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia proclamáronse campioas dos concursos: Lucía González no concurso de tiros libres e Cristina Freire no concurso de triples.

.

(As gañadoras dos concursos cos seus premios na clausura do torneo)

 

Ademais o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén estivo representado nos dous cinco ideais do torneo. En categoría feminina foi elixida no cinco ideal Lucía González e en categoría masculina foi seleccionado Alejandro Prieto, sendo este último elixido mellor xogador do torneo.

.

(Os dous cinco ideais do torneo e Alejandro Prieto recollendo o premio)