domingo, 22 de febrero de 2015

O CADETE MASCULINO "B" DO SEIS DO NADAL CAMPIÓN DO TORNEO TRIANGULAR DE SALVATERRA

(O Cadete Masculino "B" do club campión do Torneo de Salvaterra)

.

O pasado sábado día 3 de xaneiro do 2015 celebrouse no Polideportivo Municipal de Salvaterra do Miño o Torneo de Baloncesto Nadal 2014 organizado polo Club ADA Básket Salvaterra e no que participou o C.Bc. Seis do Nadal - Coia.

.

O equipo Cadete Masculino "B", Seis do Nadal "B", do Club Baloncesto Seis do Nadal, adestrado e dirixido por Andrés Álvarez, participou neste Torneo de Nadal xunto ao anfitirón Club ADA Básket Salvaterra, CB Caselas EDM e CB Tui.

.

O equipo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, despois da disputa do seus dous partidos e convertidos os dous en dúas vitorias, proclamouse campión do Torneo de Nadal.