(Xogadoras infantís do club que participaron no Ceti Infantil Feminino)
.
A Delegación Viguesa de Baloncesto realizou o xa pasado domingo día 2 de novembro do 2014 unha nova xornada de seguemento para as categorías infantís e alevíns dentro do programa de tecnificación da Federación Galega Baloncesto.
Nesta nova xornada de tecnificación e seguemento estiveron convocados un nutrido grupo de xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, e tamén participaron, neste caso na realización das sesións, Diego Montenegro e Óscar García, adestradores da entidade.
No Colexio Maristas de Vigo tivo lugar, na mañá do domingo, a concentración de categoría alevín masculina e feminina. Os xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia que foron convocados na categoría alevín foron: Noa Comesaña (2003), Esther Gil (2003), Paula Patiño (2003), Luzía Lores (2004), Ada Luna Rajoy (2004), Iria Lago (2004), Iago Coutado (2003), Íñigo de Torres (2003), Jorge Montero (2003), Miguel Vila (2003), Mateo Rodríguez (2004), Alejandro Sirvent (2004) e Yimer Failde (2004).
(Xogadores infantís do club que participaron no Ceti Infantil Masculino)
Na xornada de tarde a pista deportiva do Campus Universitario de Vigo foi a instalación que acolleu a concentración de categoría infantil masculina e feminina. Do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participaron: Antía Ferradás (2001), Cristina Freire (2001), Lucía Glez. (2001), Ana Mariño (2001), Aroa Capelo (2002), Raquel Fernández (2002), Alba Galbán (2002), Sara Pérez (2002), Brais Álvarez (2001), Daniel Fdez. (2001), Alejandro Preito (2001), Lucas Vázquez (2001), Diego E. Gaitán (2002), Pablo Lago (2002), Jorge Lampón (2002), Nicolás Mediero (2002) e Pablo Rotea (2002).