(O Alevín Masculino "A" terceiro clasificado da Copa Galicia Minibásquet)
.
ALEVÍN MASCULINO "A"
.
3º CLASIFICADO COPA GALICIA
.
O grupo Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia clasificouse para disputar a Fase Final da Copa Galicia de Minibásquet que tivo lugar o pasado sábado día 1 de novembro do 2014 no Pavillón de Fexdega en Vilagarcía de Arousa.
.
O equipo Alevín Masculino "A", adestrado por Andrés Álvarez, rematou na terceira posición da Fase Final da Copa Galicia despois de caer en semifinais ante o Jesuitinas (A Coruña) por 23-74 e superar ao Giraldo CB Royal (Vilagarcía de Arousa) cun 54 a 56 no partido polo terceiro e cuarto posto.
A clasificación final da Fase Final da Copa Galicia Mini de categoría Masculina foi a seguinte:
1º- PÍO XII ROSALÍA (Santiago de Compostela)
2º- JESUITINAS (A Coruña)
3º- SEIS DO NADAL "A" (Vigo)
4º- GIRALDO CB ROYAL (Vilagarcía de Arousa)