(O Infantil Feminino "B" do club da presente tempada 2014/2015)
..
O Club Baloncesto Seis do Nadal participou na presente tempada 2014/2015 cos conxuntos Infantil Feminino "A" e Júnior Masculino "A" nas Fases Previas de Clasificación ás Primeiras Divisións da Federación Galega de Baloncesto, das que se disputaron a primeira fase os pasados días 29, 30 e 31 de agosto.
O equipo Infantil Feminino "A", adestrado por Breixo Solla e Sabela Solla, disputou á Primeira Fase da Previa á Primeira División xunto a Cía María Vigo, Salesianos Vigo e Bosco Salesianos (Ourense). Despois dos tres encontros disputados o balance foi dunha vitoria ante Bosco Salesianos (23-66) e dúas derrotas ante Cía María Vigo (42-39) e Salesianos Vigo (45-47).
(O Júnior Masculino "A" disputou a Fase Previa da presente tempada)
O equipo Júnior Masculino "A", dirixido por David Augusto, disputou á Primeira Fase da Previa no Grupo 4 da competición xunto a CB Tui Seta, Bosco Salesianos (Ourense), Salesianos Vigo e Club Ourense Baloncesto. Catro partidos disputou a pasada fin de semana o combinado júnior cun balance dunha vitoria ante Salesianos Vigo (72-53) e tres derrotas ante Bosco Salesianos (79-64), CB Tui (67-63) e Club Ourense Baloncesto (80-75).
Despois de que ambos equipos xogarán os seus partidos na pasada fin de tempada, ningún dos dous conxuntos conseguiu pasar á seguinte ronda polo que se perderon ás opcións de clasificación para as Primeiras Divisións da presente tempada 2014/2015 en categoría infantil feminina e júnior masculina.