domingo, 31 de agosto de 2014

CATARATAS, MACABI DE LEVANTAR E NICE MOVE NOVOS CAMPIÓNS DO TORNEO 3X3 DO SEIS DO NADAL

(Cataratas, equipo campión da categoría minibásquet do Torneo 3x3)

..

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizaou os pasados días 29 e 30 de agosto do 2014 a Cuarta Edición do seu Torneo de Baloncesto 3x3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal no barrio de Coia, pistas que levan todo o mes de agosto sendo o escenario dos primeiros adestramentos da tempada dun gran número de equipos da entidade viguesa.

 

O torneo contou cun total de 34 equipos que se inscribiron para participar neste Torneo de Baloncesto 3x3 que marcou o inicio das competicións oficiais da presente tempada 2013/14. Na tarde do venres 29 de agosto do 2014 saltaron á pista os equipos de categoría minibásquet, infantil e cadete; sendo na xornada do sábado 30 de agosto o turno da competición de categoría júnior e sénior.

 

(Macabi de Levantar, campións infantil-cadete tras vencer a Trípodes)

 

Preto de 200 xogadores e xogadoras participaron no Torneo 3x3 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Marisquiños, Chips Dogs, Los Triplistas, Dream Team, Summer Girls, Os de sempre, The Malivars, Centolos, Caxorro Zuprimoh, Velasco Power, Los Finitios, Diluka, The Champions e Chungos foron o nome dalgúns dos equipos que participaron no torneo.

 

Despois da disputa dos máis de 80 partidos os conxuntos campións desta cuarta edición foron Cataratas en categoría minibásquet, en categoría infantil-cadete o conxunto Macabi de Levantar; e o equipo Nice Move en categoría júnior-sénior. Os combinados subcampións das tres categorías foron Dream Team, Trípodes e Las Lumis del "N".

 

(Nive Move proclamáronse campións da categoría júnior-sénior)

 

TODAS AS IMAXES DO

TORNEO 3X3 2014

PULSANDO AQUÍ