.
O pasado luns día 11 de agosto do 2014 ás 13:00 horas da tarde rematou o prazo de inscrición para a Liga Primeira División Autonómica Feminina 2014/2015 da Federación Galega de Baloncesto.
.
O CB Seis do Nadal - Coia participará novamente na Liga Primeira División Autonómica Feminina, despois de ter conseguido o ascenso deportivo na pasada tempada 2013/14 e proclamarse combinado subcampión da Liga 2ª División Sénior Feminina.
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia recupera así a súa praza de xogo na Liga Primeira División Autonómica Feminina, competición na que non se volveu participar desde a pasada tempada 2007/2008, tempada na que a competición recibía o nome de Liga FGB Sénior Feminina.
Os outros nove equipos que foron inscritos na Primeira División Autonómica Feminina xunto ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia son:
.
C.B. Seis do Nadal - Coia (Vigo)
Pío XII (Santiago de Compostela)
Universitario Campus Ourense (Ourense)
La Salle (Santiago de Compostela)
Arxil (Pontevedra)
Cía María Vigo (Vigo)
Calasancias (A Coruña)
Porriño Baloncesto Base (O Porriño)
Universitario Ferrol (Ferrol)
Burela (Burela)