.
O pasado luns día 11 de agosto do 2014 ás 13:00 horas da tarde rematou o prazo de inscrición para a Liga Primeira División Sénior Masculina 2014/15 da Federación Galega de Baloncesto.
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará por segunda vez consecutiva na Liga Primeira División Sénior Masculina, despois de proclamarse conxunto subcampión a pasada tempada 2013/14 e conseguir o ascenso a Liga EBA, ascenso que foi rexeitado por falta de apoios económicos.
Os equipos que foron inscritos na Primeira División xunto ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia son:
.
C.B. Seis do Nadal - Coia (Vigo)
C.B. Noia (Noia)
Estudiantes Lugo (Lugo)
Baloncesto Cambre (Cambre)
Estradense (A Estrada)
Recimil (Ferrol)
Universitario Campus Ourense (Ourense)
Sigaltec BBC (Vilagarcía de Arousa)
COB (Ourense)
Porriño Baloncesto Base (O Porriño)
VGO Básket (Vigo)
Culleredo (Culleredo)