.
Os días 29 e 30 de agosto do 2014 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará a Cuarta Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal.
.
Despois das exitosas experiencias das pasadas edicións do Torneo de Baloncesto 3x3, o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizará neste comezo de tempada o 4º Torneo de Baloncesto 3x3 como pistoletazo de saída do curso 2014/15.
.
O Torneo 3x3 estará dividido en tres categorías: minibásquet, infantil-cadete e júnior-sénior. A categoría minibásquet e a categoría infantil-cadete xogarán sendos torneos 3x3 paralelos o venres 29 de agosto do 2014 en xornada de tarde; mentres que a competición do torneo 3x3 de categoría júnior-sénior será o sábado 30 de agosto do 2014 ao longo de todo o día. Os horarios de cada categoría se publicarán unha vez pechado o prazo de inscrición o próximo día 25 de agosto do 2014.
.
Os equipos deben estar formados por 5 xogadores/as como máximo e poderán ser equipos masculinos, femininos e mixtos sempre respetando as idades das categorías do campionato. Na Cuarta Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 do Club Baloncesto Seis do Nadal haberá premios para os combinados campións de cada categoría, premios que se darán a coñecer en próximas datas.
.
Inscrición
.
Os equipos que desexen participar no torneo deberán enviar un correo electrónico a areadeportiva@seisdonadalcoia.com antes do próximo luns 25 de agosto do 2014 indicando:
.
- Nome e categoría do equipo participante.
.
- Nome, apelidos e data de nacemento de tódolos integrantes do equipo (mínimo 3 e máximo 5).
.
- Responsable do equipo e móbil de contacto.
.
As inscricións serán aceptadas por rigoroso orde de inscrición ata completar o número máximo de equipos en cada unha das categorías. A confirmación da praza na Cuarta Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 será comunicada a través do correo electrónico facilitado ao facer a inscrición. A cuota simbólica de participación será recollida antes do primeiro encontro de cada equipo no campionato.