(Imaxe dunha das actividades das pasadas edicións do Road Show)
.
Logo da súa xira europea, o Road Show 2014, o camión co museo interactivo da Federación Española de Baloncesto e da Federación Internacional de Baloncesto, aparca este venres día 1 de agosto do 2014 na Praia Samil de Vigo.
.
Desde Milán ata Helsinki, o Road Show 2014 viaxou durante os meses de xuño e xullo por media Europa promocionando a Copa do Mundo que se disputará no noso país. Ao seu regreso a España, a primeira parada será en Vigo, nunha semana na que Galicia terá a celebración do Praza 2014 e a disputa do primeiro partido da selección na súa preparación para a gran cita do verán.
.
O Road Show 2014 estará instalado en fronte do cámping da Praia de Samil e contará coas colaboracións do ex-xogador internacional Fernando Romay. O galego impartirá o Clínic Vodafone o venres día 1 de agosto ás 13:00 horas e o Clínic Sanitas o domingo día 3 ás 12:00 horas. Concursos, diversión e consellos saudables para todos os públicos, sempre coa simpatía de Fernando Romay.
Durante estes tres días, o Road Show levará tamén a todos os afeccionados que se acheguen pola Praia Samil concursos, música, partidos de exhibición, sorteos, agasallos, e parte do museo da historia do baloncesto español e mundial que se exhibe no interior do camión.
Desde comparar a túa man ou o teu pé co das grandes estrelas das seleccións participantes na Copa do Mundo, ata tirar un tiro libre virtual, ou contemplar as primeiras canastras utilizadas por James Naismith, ou as primeiras equipacións de baloncesto.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia animamos a tódolos nosos deportistas, familiares e amigos/as a participar nestas tres xornadas do Road Show 2014 e a disfrutar das moitas actividades relacionadas co baloncesto que haberá na Praia de Samil.