martes, 3 de junio de 2014

O CADETE MASCULINO "C" DO SEIS DO NADAL 5º CLASIFICADO DO GRUPO "E" DA LIGA 2ª DIVISIÓN CADETE 13/14

(O Cadete Masculino "C" do Seis do Nadal da presente tempada 2013/2014)

.

CADETE MASCULINO "C"

.

5º CLASIFICADO G-E 2ª DIVISIÓN

.

O Cadete Masculino "C", Decomar Seis do Nadal "C", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Diego Montenegro e Borja Martínez, finalizou na quinta posición do Grupo "E" da Liga Segunda División Cadete Masculina da presente tempada 2013/2014 organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O conxunto Decomar Seis do Nadal "C" competiu no Grupo "E-1" Vigo da Liga 2ª División Cadete Masculina rematando na terceira posición despois dos catorce partidos disputados cun balance de nove vitorias e cinco derrotas. A clasificación final do Grupo E-1 foi a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo "E-1" da Liga 2ª División Cadete Masculina)

.

A terceira posición do Grupo "E-1" clasificaba ao Decomar Seis do Nadal "C" ao grupo que loitaría polo 5º posto do Grupo "E" xunto a Novobásket Vigo "B", San José de la Guía e CB Baiona Torvigo. O primeiro cruce que superou o Decomar Seis do Nadal "C" foi ante CB Baiona Torvigo. O cruce que nomeou ao equipo do Seis do Nadal 5º clasificado do Grupo "E" foi ante San José de la Guía con dúas vitorias nos dous partidos disputados.

.

(Cadro dos Cruces do 5º ao 8º posto nos que participou o Cadete "C")