martes, 3 de junio de 2014

O CADETE MASCULINO "B" DO SEIS DO NADAL 11º CLASIFICADO DO GRUPO "E" DA LIGA 2ª DIVISIÓN CADETE 13/14

(O Cadete Masculino "B" do Seis do Nadal da presente tempada 2013/2014)

.

CADETE MASCULINO "B"

.

11º CLASIFICADO G-E 2ª DIVISIÓN

.

O Cadete Masculino "B", Decomar Seis do Nadal "B", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Andrés Álvarez, finalizou na undécima posición do Grupo "E" da Liga Segunda División Cadete Masculina da presente tempada 2013/2014 organizada pola Federación Galega de Baloncesto.

.

O conxunto Decomar Seis do Nadal "B" competiu no Grupo "E-2" Vigo da Liga 2ª División Cadete Masculina rematando na quinta posición despois dos catorce partidos disputados cun balance de seis vitorias e oito derrotas. A clasificación final do Grupo E-2 foi a seguinte:

.

(Clasificación final do Grupo "E-2" da Liga 2ª División Cadete Masculina)

.

A quinta posición do Grupo "E-2" clasificaba ao Decomar Seis do Nadal "B" ao grupo que loitaría polo 9º posto do Grupo "E" xunto a Apóstol, Sauces San José e PBB "B". O Decomar Seis do Nadal "B" non conseguiu superar o primeiro cruce ante Apóstol, pero conseguiu superar ao Sauces San José no cruce polo 11º posto do Grupo "E" da Liga 2ª División Cadete.