(Os cinco integrantes do Seis do Nadal convocados na I Xuntanza Premini)
.
A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto, coa idea de recuperar o formato estreado en decembro do 2013, reuniu de novo a tódalas Seleccións Zonais, convocando para a ocasión aos xogadores e ás xogadoras en idade premini, levando a cabo a I Xuntanza de Seleccións Zonais desta categoría.
.
A concentración tivo lugar en O Grove o pasado domingo día 22 de xuño do 2014 no Pavillón Municipal Monte da Vila e reuniu a un total de 160 xogadores e xogadoras procedentes de todos os puntos da nosa comunidade conformando as 16 seleccións preminis citadas para a ocasión.
Na pista, e co obxectio principal de avaliar as características competitivas de tódolos deportistas, a Federación Galega de Baloncesto reuniu a 16 combinados preminis, oito masculinos e oito femininos, correspondentes ás sete delegacións zonais (A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Santiago, Arousa e Ourense) e ás divisións locais de A Mariña (masculino) e Arousa Norte (feminino).
Do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foron convocados cinco deportistas, dous xogadores de categoría masculina e tres xogadoras de categoría feminina. Mateo Rodríguez e Pablo Tresandí, xogadores do equipo Benxamín Masculino "A" e adestrados por Silvia Caíño e Aldara Martínez, foron os dous xogadores do Seis do Nadal convocados. En categoría feminina foron convocadas Iria Lago, Ada Luna Rajoy e Marta Vázquez, xogadoras do Benxamín Feminino dirixidas por Sandra Solano e Sandra Cacheda.