.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nestas presentes vacacións de verán a 12ª Edición do Campus de Verán 2014 "Xornadas de Tecnificación". Despois dos éxitos das pasadas edicións do campus a entidade volverá a celebrar as xornadas de perfeccionamento técnico.
.
O obxectivo destas xornadas é reforzar o traballo de técnica individual dos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal e do baloncesto vigués e galego, fundamentalmente nas idades óptimas para a formación.
A Duodécima Edición do Campus de Verán 2014 se celebrará nas instalacións do Colexio Seis do Nadal (Coia) e terá dúas semanas (dous turnos): a primeira semana será desde o luns 30 de xuño ata o sábado 5 de xullo, e a segunda semana será desde o luns día 7 ata o sábado 12 de xullo do 2014; ambos turnos con horario de 10:30 horas a 13:30 horas.
Poderán inscribirse neste Campus de Verán os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2006) ata júnior (nados no ano 1996).
O prezo deste campus é de 50 euros para a inscrición nunha semana e de 90 euros para a inscrición a dúas semanas. Os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, terán 10 euros de desconto.
As prazas dispoñibles para as Xornadas de Tecnificación 2014 son limitadas e se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figure no ingreso). Para formalizar a inscrición para o segundo turno é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista e o club ao que pertence) e a folla de inscrición, antes do venres 5 de xullo do 2014 ao mail areadeportiva@seisdonadalcoia.com ou ao fax 986227275.