jueves, 20 de marzo de 2014

O AD SEIS DO NADAL - COIA RECIBIRÁ UNHA MENCIÓN ESPECIAL NA 15ª GRAN GALA DO DEPORTE DE VIGO

.

A Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia recibirá unha mención especial polo seu 30º Aniversario na 15ª Edición da Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca que se celebrará o xoves día 20 de marzo ás 20:30 horas no Centro Cultural Novacaixagalicia.

.

Nunha gala na que corenta e catro deportistas aspiran a converterse nos mellores deportistas de Vigo e a súa comarca no 2013 e outros vinte deportistas aspiran a converterse na mellor promesa Sub19 do ano 2013, a Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia recibirá un recoñecemento polo seu 30º Aniversario aprobado polo xurado da gran gala, presidido polo concelleiro de Deportes do Concello de Vigo e presidente da Fundación VIDE, Manel Fernández.