lunes, 17 de marzo de 2014

A AD SEIS DO NADAL - COIA RECIBIRÁ O PREMIO Á MELLOR ENTIDADE NA PROMOCIÓN DO DEPORTE BASE

.

A nosa Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia será galardoada co Premio á Mellor Entidade na Promoción do Deporte de Base na próxima das edicións dos Premios do Deporte Galego 2013.

.

O xurado dos Premios do Deporte Galego 2013, presidido polo Secretario Xeral para o Depote, D. José Ramón Lete Lasa, reuniuse a pasada semana para determinar os deportistas e as entidades merecedoras nesta edición destes galardóns anuais cos que a Xunta de Galicia recoñece a aqueles axentes que nos últimos doce meses destacaron de modo especial na súa contribución ao deporte galego.

.

Este ano o acto de entrega de premios aos galardoados, entre os que se atopa a Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia, terá lugar o vindeiro xoves 20 de marzo ás 19:00 horas da tarde na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, e estará presidido por D. Alberto Núñez Feijóo, titular da Xunta de Galicia.