(O Cadete Masculino "C" do club campión do Torneo de Salvaterra)
.
O pasado sábado 28 de decembro do 2013 celebrouse un Torneo Triangular de Baloncesto no Pavillón Municipal de Salvaterra do Miño organizado polo Club ADA Básket Salvaterra e no que participou o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
.
O equipo Cadete Masculino "C", Seis do Nadal "C", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Diego Montenegro e Borja Martínez, participou neste Torneo Triangular de Baloncesto xunto ao anfitirón Club ADA Básket Salvaterra e o Club Baloncesto Tui.
(Os tres equipos participantes na entrega de premios e trofeos)
.
O equipo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, despois da disputa do seus dous partidos convertidos en dúas vitorias, proclamouse campión do Torneo Triangular.
(Xogadores do club recollendo o trofeo de campións e de mellor xogador)