jueves, 2 de enero de 2014

DEPORTISTAS DO SEIS DO NADAL CONVOCADOS COAS PRESELECCIÓNS GALEGAS INFANTÍS

(Cío García e Rafael Fernández coa Preselección Galega Infantil)

.

As dúas Preseleccións Galegas de categoría infantil non detiveron o ritmo nas presentes vacacións de Nadal. Os dous conxuntos, masculino e feminino, tiveron sendas convocatorias de traballo participando no caso da Preselección Feminina nun torneo amigable en terras vascas.

.

A Preselección Galega Infantil Masculina exercitouse en dobre sesión os pasados sábado día 28 e domingo día 29 de decembro na vila de Tui. O pavillón municipal desta localidade foi a testemuña do traballo dunha Preselección Galega na que estiveron convocados Rafael Fernández e Cío García, dous xogadores do Infantil Masculino "A" do club e adestrados por Sergio González, Óscar García e  Borja Martínez.

.

(Nerea Arambarri convocada coa Preselección Galega Infantil)

.

Pola súa banda, as xogadoras da Preselección Galega Infantil Feminina participaron en Zarautz no Torneo Infantil de Seleccións Autonómicas xunto a Euskadi, Madrid e Castela e León. A Preselección Galega contou coa presenza de Nerea Arambarri, xogadora do equipo Infantil Feminino "A" e dirixida por Alicia Álvarez e Pablo De Benito.