jueves, 9 de enero de 2014

A SELECCIÓN GALEGA CADETE FEMININA, CON GAILA COMESAÑA, BRONCE NO CTO. DE ESPAÑA

(Gaila Comesaña consegiu o bronce coa Selección Galega Cadete)

.

A nosa Selección Galega de categoría Cadete Feminina conseguiu a medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas disputado entre os días 3 e 6 de xaneiro do 2014 en Cáceres, o que supón un dos mellores resultados en anos de competición, situando á canteira galega entre as tres privilexiadas de todo o país nun pódium que completaron Canarias (campión) e País Vasco (subcampión).

 

Entre as xogadoras integrantes da Selección Galega Cadete Feminina que conseguiron a medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Cáceres atópase Gaila Comesaña, xogadora do equipo Cadete Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

Os resultados obtidos pola Selección Galega de categoría Cadete Feminina no seu camiño ata a medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións foron os seguintes:

 

FASE PREVIA 1ª XORNADA: venres 3 de xaneiro do 2014

GALICIA 45 - CASTELA E LEÓN 48

 

FASE PREVIA 2ª XORNADA: venres 3 de xaneiro do 2014

MADRID 36 - GALICIA 54

 

FASE PREVIA 4ª XORNADA: sábado 4 de xaneiro do 2014

GALICIA 58 - COMUNIDADE VALENCIANA 51

 

FASE PREVIA 5ª XORNADA: domingo 5 de xaneiro do 2014

CATALUÑA 53 - GALICIA 72

 

SEMIFINAL: domingo 5 de xaneiro do 2014

GALICIA 46 - CANARIAS 58

 

3º E 4º POSTO: luns 6 de xaneiro do 2014

CASTELA E LEÓN 39 - GALICIA 67