martes, 8 de octubre de 2013

TRES XOGADORAS DO CLUB COAS PRESELECCIÓNS GALEGAS INFANTIL E CADETE FEMININAS

(Gaila Comesana, Nerea Arambarri e Aida Glez. coas preseleccións galegas)

.

As Preseleccións Galegas de categoría Infantil Feminina e Cadete Feminina están levando a cabo as primeiras datas programadas no plan de traballo cara o Campionato de España de Seleccións para esta recta final do 2013.

.

Ambos os combinados autonómicos femininos concentráronse na localidade de A Estrada durante a xornada ao completo do domingo día 6 de outubro do 2013 e compartiron pavillón de adestramento, o pavillón Manuel Coto Ferreiro, alternando horarios das súas sesións en quendas de mañá e tarde.

.

Nesta nova concentración das preseleccións infantil e cadete femininas no concello de A Estrada estiveron convocadas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia en categoría infantil Nerea Arambarri, xogadora do equipo Infantil Feminino "A" e adestrada por Alicia Álvarez e Pablo De Benito; e en categoría cadete Gaila Comesaña e Aída González, xogadoras as dúas do combinado Cadete Feminino "A" dirixido por Jorge Martínez, Breixo Solla e Ignacio Sánchez.

.

As tres xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén estiveron presentes na primeira concenctración desta tempada 2013/2014. A primeira concentración da preselección galega infantil feminina foi na vila de Noia, sendo no concello de Tui a concentración da categoría cadete feminina.

.

Próxima concentración preselección galega cadete

.

A Preselección Galega Cadete Feminina concentrarase os próximos sábado e domingo, días 12 e 13 de outubro do 2013, no pavillón municipal de Tui. As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que foron convocadas a esta concentración foron Gaila Comesaña e Aída González, que adestrarán os dous días pola mañá e pola tarde.