miércoles, 9 de octubre de 2013

DOUS XOGADORES DO CB SEIS DO NADAL - COIA CONVOCADOS COA PRESELECCIÓN GALEGA CADETE

(Adrián Costas e Borja Astraya convocados coa preselección galega)

.

A Preselección Cadete Masculina da Federación Galega de Baloncesto acometeu na xornada do pasado domingo día 29 de setembro do 2013 a súa segunda concentración no que vai de tempada 2013/2014, inicio dun camiño que se estenderá ata o vindeiro Campionato de España Cadete 2014.

.

Coa localidade de A Estrada como escenario e sede para o traballo en pista do combinado autonómico cadete, un total de dezaseis xogadores convocados polo corpo técnico realizaron dobre sesión de adestramentos en quendas de mañá e tarde.

 

Entre os dezaseis xogadores convocados estiveron presentes Borja Astray e Adrián Costas, xogadores do equipo Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrados e dirixidos por Breixo Solla e Felipe Feijoo.

.

Próxima concentración preselección cadete

.

A Preselección Galega Cadete Masculina adestrará o próximo domingo día 13 de outubro do 2013 no pavillón de A Estrada. Os dous xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que foron convocados a esta nova concentración foron Borja Astray e Adrián Costas, que adestrarán de mañá e pola tarde.