lunes, 28 de octubre de 2013

O JÚNIOR FEMININO "A" DO SEIS DO NADAL SUBCAMPIÓN DA FASE FINAL DA COPA GALICIA JÚNIOR FEMININA

(O Júnior Feminino "A" despois da entrega de trofeos da Copa Galicia)

 

JÚNIOR FEMININO "A"

.

SUBCAMPIÓN COPA GALICIA

.

O grupo Júnior Feminino "A", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia proclamouse subcampión da Fase Final da Copa Galicia Júnior Feminina disputada o pasado domingo día 27 de outubro do 2013 no pavillón de Navia en Vigo.

.

Os catro equipos que se clasificaron para a disputa da Fase Final foron o Seis do Nadal - Coia, primeiro clasificado do Grupo "A"; o Porriño Baloncesto Base, primeiro clasificado do Grupo "B"; o Compañía de María, segundo clasificado do Grupo "B"; e o Celta Selmark, na primeira posición do Grupo "C"; os catro equipos pertencentes á Delegación Viguesa de Baloncesto.

.

Na semifinal disputada pola mañá o Seis do Nadal - Coia xogou ante o Compañía de María conseguindo a vitoria (51-33) e a clasificación para a final. Na final enfrontáronse o Seis do Nadal - Coia e o Celta Selmark, combinado que venceu na súa semifinal ao equipo Porriño Baloncesto Base. O partido final foi igualado ata o terceiro dos períodos, momento no que o Celta Selmark conseguía alonxarse no marcador e conseguir así a vitoria ao final de encontro (41-64).

 

A clasificación final da Fase Final da Copa Galicia Júnior Feminina da presente tempada 2013/2014 foi:

 

1º- CELTA SELMARK (Vigo)

2º- SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

3º- PORRIÑO BALONCESTO BASE (O Porriño)

4º- COMPAÑÍA DE MARÍA (Vigo)

.

(O Seis do Nadal - Coia e o Celta Selmark despois de xogar a final)