martes, 29 de octubre de 2013

O ALEVÍN FEMININO "A" DO SEIS DO NADAL 3º CLASIFICADO DA FASE FINAL DA COPA GALICIA ALEVÍN FEM.

(O Alevín Feminino "A" despois da entrega de trofeos da Copa Galicia)

 

ALEVÍN FEMININO "A"

.

3º CLASIFICADO COPA GALICIA

.

O equipo Alevín Feminino "A", Seis do Nadal "A", do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia rematou na terceira posición a Fase Final da Copa Galicia Alevín Feminina celebrada o pasado domingo día 27 de outubro do 2013 no pavillón de Maxisterio en Pontevedra.

.

Os catro equipos clasificados para disputar a Fase Final foron o Seis do Nadal "A", primeiro clasificado do Grupo Sur; o Peleteiro (Santiago de Compostela), primeiro clasificado do Grupo Norte; o CB Arxil "A" (Pontevedra), primeiro clasificado do Grupo Centro; e La Academia Celta (Vigo), segundo dos clasificados do Grupo Sur.

.

Na semifinal disputada pola mañá o Seis do Nadal "A" non puido co equipo de Peleteiro a pesar de ter opcións ata o final do encontro (67-70). No partido pola terceira e cuarta posición o Seis do Nadal enfrontouse a La Academia Celta nun partido na que os dous conxuntos tiveron a vantaxe no marcador pero foi o Seis do Nadal quen a mantivo ao final do encontro (62-71).

 

A clasificación final da Fase Final da Copa Galicia Alevín Feminina da presente tempada 2013/2014 foi:

 

1º- CB ARXIL "A" (Pontevedra)

2º- PELETEIRO (Santiago de Compostela)

3º- SEIS DO NADAL "A" (Vigo)

4º- LA ACADEMIA CELTA (Vigo)

 

(Os catro equipos da Fase Final da Copa Galicia Alevín Feminina)