viernes, 2 de agosto de 2013

O SÉNIOR FEMININO DO CLUB SERÁ DIRIXIDO POR JORGE MARTÍNEZ, ÓSCAR ÁLVAREZ E XOSE RODRÍGUEZ

.

O Sénior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que competirá na Liga 2ª División Sénior Feminina 2013/14 da Federación Galega de Baloncesto será adestrado e dirixido por Jorge Martínez, Óscar Álvarez e Xose Rodríguez.

.

Jorge Martínez, na tempada na que cumprirá a súa décimo sétima campaña deportiva como membro do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, compaxinará a dirección dos equipos Sénior Feminino e Cadete Feminino.

 

Óscar Álvarez, nova incorporación desta tempada ao grupo de técnicos do club, será o adestrador axudante do equipo Sénior Feminino. Óscar Álvarez adestrou nas últimas campañas na entidade ourensá Salesianos COB e no Pabellón Ourense, sendo coordinador dos equipos de base neste último.

 

Xose Rodríguez, ex-xogador do Seis do Nadal - Coia e nova incorporación ao corpo técnico na tempada 2013/2014, levará a cabo as funcións de delegado no combinado Sénior Feminino xunto a Jorge Martínez. Xose Rodríguez foi xogador do club ao longo de catorce campañas, desde a tempada 1992/1993, en categoría benxamín, ata a tempada 2007/2008.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O combinado Sénior Feminino comezará os adestramentos de pretempada o luns día 12 de agosto ás 10:00 horas no Colexio Seis do Nadal.