viernes, 2 de agosto de 2013

FIDEL DEL CAMPO, MARÍA HENAR DÍAZ E PABLO SÁNCHEZ DIRIXIRÁN AO JÚNIOR FEMININO "A" DO CLUB

.

Fidel del Campo, María Henar Díaz e Pablo Sánchez serán os novos técnicos do equipo Júnior Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2013/2014, grupo que competirá na Liga 1ª División Júnior Feminina despois do ascenso conseguido a pasada tempada 2012/2013.

.

Fidel del Campo, novo adestrador do Club  Baloncesto Seis do Nadal - Coia para a próxima tempada 2013/2014, asumirá a dirección do Júnior Feminino "A", equipo que regresa á Liga 1ª División Júnior Feminina. Fidel del Campo, adestrador superior de contrastada experiencia, adestrou nos últimos anos no CB Baiona e no Lestonnac (Barcelona) ademais de asistir como técnico ao Campus Internacional do Baskonia Caja Laboral.

 

María Henar Díaz incorpórase a presente tempada 2013/2014 ao corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia como adestradora axudante do equipo Júnior Feminino "A". María Henar, xogadora ata os dezaseis anos no IES Alonso de Madrigal, adestrou en Ávila, Valladolid e desde o ano 2006 adestrou nas categorías base do Óbila CB (Ávila).

.

Pablo Sánchez, Preparador Físico do club, será de novo adestrador axudante do grupo Júnior Feminino "A" a próxima tempada 2013/14, cumprindo a súa sexta campaña no corpo técnico desde a súa primeira tempada no curso 2008/2009.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Júnior Feminino "A" comezará os adestramentos de pretempada o próximo luns 12 de agosto ás 16:00 horas no Colexio Seis do Nadal.