miércoles, 31 de julio de 2013

SERGIO GONZÁLEZ SEGUIRÁ AO FRONTE DA DIRECCIÓN DEPORTIVA DO CLUB NA TEMPADA 2013/2014

....

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal Coia confirmou un ano máis a continuidade de Sergio González ao fronte da Dirección Deportiva da entidade. O club vigués continuará traballando a próxima tempada 2013/2014 na mesma liña de actividade e organización que se plantexou no ano 2008 coa incorporación de Sergio González á Dirección da entidade.

.

Sergio González afrontará por sétima campaña consecutiva a Dirección Deportiva do club olívico, cos obxectivos de mellorar e consolidar cada un dos pilares da estrutura da entidade, así como perseguir ofrecer as mellores condicións de traballo e formación aos deportistas, monitores, adestradores e técnicos.

 

Na xa pasada tempada 2012/2013 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia contou con 23 equipos federados, un equipo de adultos e once escolas deportivas, chegando a reunir a máis de 600 deportistas e máis de 30 técnicos na súa estrutura. A Dirección Deportiva buscará nesta nova tempada manter o crecemento ao que se chegou a pasada campaña e darlle continuidade a tódalas actividades e eventos organizados e celebrados durante o curso.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dará a coñecer nos próximos días, a través da páxina web, o novo corpo técnico de cada un dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios das pretempadas.