domingo, 28 de julio de 2013

GRAN REPRESENTACIÓN DO SEIS DO NADAL NO I CLÍNIC OBRADOIRO CAB "DESMONTANDO AO AXUDANTE"

(Grupo de adestradores do club no I Clínic Blusens Monbus Fegaba)

..

Os pasados días 26 e 27 de xullo do 2013 o Obradoiro CAB e a Federación Galega de Baloncesto organizou no pavillón Santa Isabel de Santiago de Compostela o I Clínic Blusens Monbus Fegaba "Desmontando ao Adestrador Axudante" que contou cun cartel de luxo composto por seis adestradores axudantes de primeiro nivel que aboradaron diferentes temas.

.

O cartel da actividade, a primeira deste tipo que se realiza no territorio nacional, contou coa presenza de Hugo López (Real Madrid), de Víctor Pérez (Blusens Monbus), de Chechu Mulero (Valencia Básket), de Gonzalo Rodríguez (Blusens Monbus), Alessandro Magro (Montepaschi Siena) e Miguel Calero (Asvel Villerubanne).

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tivo unha extensa representación neste novidoso Clínic Blusens Monbus Fegaba "Desmontando ao Adestrador Axudante". Un total de oito adestradores e adestradoras asistiron ao clinic e puideron recibir as experiencias e as aprendizaxes dos convidados.

.

(Adestradores do club xunto a Moncho Fernández, Gonzalo Rodríguez,  Alessandro Magro e Miguel Calero en Santiago de Compostela)