miércoles, 31 de julio de 2013

O C.BC. SEIS DO NADAL - COIA INSCRIBIUSE NA LIGA 1ª DIVISIÓN SÉNIOR MASCULINA 2013/2014

.

O pasado martes día 30 de xullo do 2013 ás 18:00 horas da tarde rematou o prazo de inscrición para a Liga 1ª División Sénior Masculina da Federación Galega de Baloncesto.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará por primeira vez na historia da entidade na Liga Primeira División Sénior Masculina, despois de conseguir o ascenso a pasada tempada 2012/2013 proclamándose campión da Liga Segunda División.

 

Os equipos que foron inscritos na Primeira División xunto ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia son:

.

C.B. Seis do Nadal - Coia (Vigo)

C.B. Tui (Tui)

Baloncesto Cambre (Cambre)

Estudiantes Leyma Natura (Lugo)

C.B. Noia (Noia)

C.B. Sarria (Sarria)

C.B. Celtas (Foz)

Reale Thebes (A Estrada)

Porriño Baloncesto Base (O Porriño)

Universitario Campus Ourense (Ourense)

.

A Federacíon Galega de Baloncesto formalizou a inscrición dos 10 conxuntos mencionados e abriu un prazo de solicitude das 6 vacantes. O vindeiro día 9 de agosto ás 13:00 horas finalizará o prazo de solicitude polo que se coñecerán os novos equipos que completarán a Liga 1ª División Sénior Masculina da tempada 2013/2014.