miércoles, 31 de julio de 2013

O SEIS DO NADAL PARTICIPARÁ POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA DO CLUB NA 1ª DIVISIÓN SÉNIOR MASCULINA

 

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará e competirá a próxima tempada 2013/2014, e por primeira vez na historia da nosa entidade, na Liga Primeira División Sénior Masculina da Federación Galega de Baloncesto.

.

Despois de competir catro tempadas consecutivas na Segunda División Sénior Masculina e conseguir o ascenso á Primeira División Sénior Masculina nas dúas últimas campañas, sendo subcampión da liga na tempada 2011/2012 e campión na tempada 2012/2013, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia aproveitará o ascenso conseguido no último curso e competirá na Primeira División Sénior Masculina 2013/2014.

.

O pasado martes día 30 de xullo do 2013 ás 18:00 horas da tarde rematou o prazo de inscrición para a Liga 1ª División Sénior Masculina da Federación Galega de Baloncesto, competición na que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará por primeira vez na súa historia no ano no que a entidade cumpre trinta anos de historia.