miércoles, 16 de enero de 2013

AS PRESELECCIÓNS GALEGAS INFANTIL E MINI FEMININAS CONTAN CON TRES XOGADORAS DO CLUB

(Gaila Comesana e Nerea Arambarri convocadas coa preselección galega)

.

As Preseleccións Galegas Infantís e de Mini continuan a traballar de cara aos seus futuros compromisos cos próximos Campionatos de España. Recollendo toda a enerxía e espírito deportivos que os seus compañeiros cadetes veñen de amosar en Zaragoza, os combinados destas dúas categorías afrontan a recta final da súa preparación.

.

A Preselección Galega de categoría Infantil Feminina traballou, o pasado domingo 13 de xaneiro do 2013, cun total de 14 xogadoras para afianzar os necesarios conceptos de xogo. A sede desta nova concentración foi o Pavillón Municipal Lorenzo de la Torre, en Santiago de Compostela.

.

Nesta nova concentración da preselección infantil feminina en Compostela estiveron convocadas Nerea Arambarri e Gaila Comesaña, xogadoras do combinado Infantil Feminino "A" do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestradas e dirixidas por Aalí Mohamed, Silvia Caíño e Jorge Martínez.

.

(Lucía González convocada coa preselección galega de minibásquet)

.

As 29 xogadoras da Preselección Galega de Minibásquet Feminina terán a oportunidade de reunirse, en dúas quendas de traballo diferentes, o próximo domingo 20 de xaneiro do 2013 no Pavillón Municipal Coto Ferreiro en A Estrada xunto ao actual corpo técnico para esta cateogoría..

 

Do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia está convocada coa preselección de minibásquet feminina Lucía González, xogadora do equipo Alevín Feminino "A", adestrada e dirixida por Alicia Álvarez.