miércoles, 16 de enero de 2013

A AULA FORMATIVA DO ADESTRADOR GALEGO RETOMA A SÚA ACTIVIDADE EN CAMBADOS COA CUARTA CHARLA

 

A Federación Galega de Baloncesto e o Obradorio CAB retoman neste novo ano 2013 o pulso do seu proxecto común: a "Aula Formativa do Adestrador Galego de Baloncesto". Ambas institucións activan a cuarta charla dentro deste marco, a celebrar o próximo domingo día 27 de xaneiro do 2013 en Cambados.

.

Nesta ocasión os técnicos galegos Manuel Felpeto e Rubén Domínguez compartirán cos asistentes as súas experiencias en torno a dúas temáticas sempre de interese: "o scouting aplicado ao adestramento" e "as claves para dirixir un gupo", respectivamente.

.

Inscrición

 

A nova sesión impartirase a partir das 17:00 horas do indicado domingo día 27 de xaneiro do 2013 no pavillón de O Pombal (Cambados). Manuel Felpeto será quen inaugure dita charla, dando paso ás 18:30 horas á quenda de Rubén Domínguez.

 

Como en todo o ciclo de charlas propostas ata o momento pola Federación Galego de Baloncesto e o Obradoiro CAB, a participación é totalmente aberta e de balde, unicamente precisando que os interesados envíen os seus datos persoais a adestradores@fegaba.com.

 

A presenza nesta activdade poderá validarse por cinco horas de formación práctica para todos aqueles alumnos e alumnas dos Cursos de Adestradores de Nivel I e Nivel II impartidos pola Federación Galega de Baloncesto.