jueves, 6 de diciembre de 2012

DEPORTISTAS DO CLUB NA PRIMEIRA CONVOCATORIA DAS SELECCIÓNS GALEGAS EN DECEMBRO

(Gaila Comesana e Nerea Arambarri convocadas coa preselección galega)

.

As Preseleccións Galegas volven ao traballo e aproveitan as datas festivas para recuperar a súa programación e afianzar os equipos de cara a próximas citas, amigables e oficiais.

.

O próximo domingo día 9 de decembro, a preselección galega infantil feminina traballará cun total de 16 xogadoras no Pavillón do Instituto Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, en horario de mañá, de 10:30 a 12:30 horas, e de tarde, de 16:00 a 18:00 horas.

.

Nesta nova concentración da preselección infantil feminina en Compostela estarán convocadas Nerea Arambarri e Gaila Comesaña, xogadoras do combinado Infantil Feminino "A" do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestradas e dirixidas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, e que tamén foron convocadas a anterior concentración celebrada no Pavillón Municipal de Tui os días 1, 2 e 3 de novembro do 2012.

.

(Borja Astray convocada novamente coa preselección galega cadete)

.

A preselección galega de categoría cadete masculina afrontará tripla sesión de adestramento. Así un total de 14 xogadores adestrarán o xoves día 6 de decembro do 2012 no Pavillón Municipal Coto Ferreiro en A Estrada e a fin de semana do 8 e 9 de decembro no Pavillón Alonso Rodríguez en Noia.

.

A Federación Galega de Baloncesto convocou de novo a Borja Astray, xogador do conxunto Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, capitaneado por Borja Martínez, Daniel Rodríguez e David Rodríguez, e que tamén foi convocado na anterior concentración celebrada en Lugo, no Anexo ao Pazo dos Deportes, os pasados 1 e 2 de novembro do 2012.

.

Estrea para as Preseleccións de Minibásquet

.

Trala organización nas diferentes Delegacións Zonais dos Centros de Tecnificación e Seguimento, a área deportiva da Federacióna Galega de Baloncesto pon en marcha a primeira convocatoria da tempada para a categoría minibásquet, tanto masculina como feminina.

.

(Lucía González convocada coa preselección galega de minibásquet)

.

Distribuídos en diferentes quendas e turnos de adestramento, xogadores e xogadoras chegados de distintos puntos da nosa xeografía tomarán contacto cos seleccionadores e terán a ocasión de exercitarse baixo a dinámica da Federación Galega de Baloncesto o próximo domingo 9 de decembro do 2012 en Santiago de Compostela, no Pavillón Compañía de María.

 

Do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia está convocada coa preselección de minibásquet feminina Lucía González, xogadora do equipo Alevín Feminino "A", adestrada e dirixida por Alicia Álvarez.