domingo, 2 de diciembre de 2012

O SEIS DO NADAL - COIA PRESENTE NO PROGRAMA DE TECNIFICACIÓN FGB DA DELEGACIÓN VIGUESA

(Aroa Capelo, Lucía González, Esther Gil e Carolina Meitín no Centro de Tecnificación celebrado en Tui)

.

O Programa de Tecnificación da Federación Galega de Baloncesto para o presente curso activouse na Delegación Viguesa o pasado sábado 3 de novembro do 2012 no Colexio Maristas nas categorías preminibásquet e minibásquet coa presenza de deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal.

.

A Área Técnica da Federación Galega de Baloncesto volveu a convocar unha concentración de minibásquet na Delegación Viguesa o pasado domingo día 2 de decembro do 2012 no Pavillón Municipal de Tui.

 

(Brais Álvarez, Lucas Vázquez, Alejandro Prieto e Pablo Lago, xogadores do club, no CETI organizado en Tui)

 

De 16:00 a 17:15 horas foi o turno da categoría masculina para xogadores nados nos anos 2001, 2002 e 2003. Do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foron convocados para esta nova acción de tecnificación: Brais Álvarez (2001), Alejandro Prieto (2001), Lucas Vázquez (2001) e Pablo Lago (2002).

 

A continuación, de 17:15 horas a 18:30 horas, foi a quenda da categoría feminina dirixida a xogadoras nadas nos anos 2001, 2002 e 2003. Esther Gil (2003), Aroa Capelo (2002), Lucía González (2001) e Carolina Meitín (2001) foron as xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal convocadas para o adestramento do pasado domingo día 2 decembro do 2012.