lunes, 10 de diciembre de 2012

BALONCESTO E SOLIDARIEDADE DA MAN NA OPERACIÓN QUILO DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia levará a cabo neste mes de decembro a súa particular Operación Quilo, coa finalidade de que o baloncesto e a solidariedade se den a man nestas datas tan sinaladas.

.

Os próximos días 17, 18 e 19 de decembro do 2012 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia recollerá en tódolos equipos federados e nas escolas deportivas tódolos alimentos (deberán ser alimentos non perecederos, sen alcol e prioritariamente relacionados co Nadal) que as familias dos xogadores/as e escolares desexen entregar.

.

Os obxectivos desta nova campaña solidaria que pon en marcha o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia son por unha parte  a obtención de alimentos para poder entregar nun dos comedores sociais da cidade de Vigo, e por outra parte a sensibilización co problema da fame na propia sociedade na que vivimos.