miércoles, 21 de noviembre de 2012

PARTICIPA NO SORTE DUNHA VIAXE AO CARIBE PARA DÚAS PERSOAS COS BOLETOS DA FUNDACIÓN VIDE

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xa ten a súa disposición os boletos para o sorteo dunha viaxe ao Caribe para 2 persoas (de 9 días e 7 noites) grazas, unha vez máis, á Fundación VIDE e á colaboración de Viaxes Eroski.

.

A promoción estará aberta ata o próximo día 14 de decembro do 2012, data na que se levará a cabo o sorteo público na sede da Fundación VIDE. Pola doazón de 1 euro, o posuidor do boleto poderá participar no sorteo da viaxe ao Caribe..

.

Os boletos participantes neste sorteo pódense adquirir a través dos xogadores federados do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia dentro do período de promoción, nas oficinas da entidade ou solicitándoas nos teléfonos 627516980 e 680507750 ou a través do e-mail baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com.

 

A Fundación VIDE e Eroski Viaxes promoven esta fórmula para que os clubs adscritos ao programa Siareiros poidan conseguir recursos económicos na actual tempada 2012/13. Así que faite co teu boleto e participa no sorte dunha viaxe ao Caribe mentres apoias e colaboras co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.