miércoles, 21 de noviembre de 2012

O SEIS DO NADAL PARTICIPARÁ NO "TAPIZ HUMANO" DE ENLAZA VIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará unha tempada más como "enlace" nas actividades da iniciativa Enlaza Vigo organizadas polo Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo para desarrollar no Día internacional contra a violencia de xénero.

 

Vigo conmemorará o 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, cun gran "tapiz humano", que está chamado a cubrir coa presenza de dous mil rapaces e rapazas de centro urbán. A iniciativa Enlaza Vigo terá o seu acto central o venres día 23 de novembro do 2012 ao mediodía en Urzáiz, no tramo comprendido entre a Farola e a rúa República Argentina, coa participación de alumnos e alumnas de trinta e seis centros de ESO e FP de Vigo.

 

(Imaxe da presentación de "Enlaza Vigo" coa asistencia de Sergio
González, Aalí Mohemd, Francisco García e Sandra Solano)

 

O acto da presentación da campaña celebrado o pasado luns 19 de novembro contou coa presenza de diferentes persoas do mundo da cultura, as letras e o deporte de Vigo, que actúan a modo de "enlaces" da iniciatvia, é dicir, a prescriben nos seus ámbitos de influencia, co "necesario compromiso social". O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo representado no acto de presentación por un grupo de técnicos encabezado polo Director Deportivo da entidade, Sergio González.

 

O venres 23 de novembro desde as 10:30 horas e ata as 11:45 horas haberá unha exhibición de malabares, parkour, patinaxe, breakdance, graffiti ou rap. Volverán á rúa as siluetas brancas que representan as víctimas e que o ano pasado xa integraron a cadea humana contra a violencia de xénero do primeiro "Enlaza Vigo". O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convida a tódolos seus integrantes a participar nas actividades organizadas por "Enlaza Vigo" o próximo venres día 23.